Naturalmente Galiza 2008

Naturalmente Galiza 2008Este é un programa ambiental de saídas de fin de semana que inclúe itinerarios de sendeirismo de dificultade media, rutas en kaiak e en bicicleta, actividades de multiaventura e de inter­pretación do noso patrimonio natural, arqueolóxico e etnográfico. O obxectivo é fomentar o coidado do ambiente e gozar da paisaxe e do contacto coa natureza.

DESTINATARIOS/AS
Programa dirixido a persoas con idades entre 18 e 30 anos.

NÚMERO DE PRAZAS
22 persoas por grupo cada fin de semana.

COTA DE INSCRICIÓN
30 euros. Os/as posuidores/as do carné xove ou carné máis terán un desconto do 25%.

Dentro do programa, Amigos da Terra desenvolverá durante os meses de abril e maio a actividade Camiñando ao son das montañas.

Camiñando ao Son das Montañas

Incluirá:

O bidueiral de Montederramo pode ser considerado como o mellor bosque autóctono co que conta a provincia de Ourense dentro do seu patrimonio. Caracterizado pola abundancia de bidueiros e o alto grao de biodiversidade que alberga no seu interior, está catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000

Descifrar o escenario por onde pasou un animal, captar o seu olor, ou identificar as súas pegadas.
Para o desenvolvemento desta actividade contarase coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural.

Despois dunha xornada de andaina, gozaremos coas propiedades terapéuticas das augas
do Balneario de Baños de Molgas a través dunha ruta termal: toma de augas mineromedicinais, piscina con chorro, tratamento con lama…

Para rematar a fin de semana, e seguir gozando co contacto coa natureza dun xeito distinto, farase unha ruta a cabalo pola serra de San Mamede. Para esta actividade contaremos con profesionais da empresa Hípica Maceda.

Naturalmente Galiza 2008

Horario:
O venres sairá un autobús desde Ourense ata o Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
O punto de encontro será a Estación de Autobuses de Ourense ás 20:00 h

Teléfonos contacto:
988 374 318 / 988 302 403

Aloxamento:
Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (Arnuíde)
Alto de San Mamede, km 9 • 32702 Vilar de Barrio (Ourense

Datas:
Abril do 25 ao 27
Maio do 9 ao 11
do 23 ao 25
do 30 ao 1 Xuño

Material necesario:
Toalla, chancletas, saco de durmir, traxe de baño, protección para o sol e roupa de abrigo.

Número de prazas:
22

Para ampliar información consulta o programa completo:
NATURALMENTE GALIZA [PDF 12.4 MB]

Apuntate nos Teléfonos:

981 545702
981 545937
981 544869

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade