Faite Soci@ de Amigos da Terra
     
   

bioconstrucción | enerxías renovabeis

 
   
 
 
 

Un microencoro situado na ladeira da Serra e recuperado da antiga casa forestal, retén a auga co desnivel necasario para xerar a forza que pon en marcha a turbina.


A microturbina, con capacidade para xerar 25 kw, é a nosa principal fonte de enerxía.

A diferenza dos fortes impactos xerados polos grandes encoros e multitude de minicentrais, a enerxía producida por esta microturbina pode ser considerada como renovabel e sostibel.


Un aeroxenerador de 15 kw situado no "Penedo da lebre" transforma a enerxía do vento en electricidade, permitindo así acender as nosas lámpadas e poñer en marcha cociña e electrodomésticos.


As placas solares fotovoltaicas recollen a enerxía do sol sendo un complemento na produción de electricidade.

Coa calor do sol, recollida polas placas solares térmicas, obteremos auga quente sanitaria e apoio na posta en marcha da calefacción.


A calor, obtida a partir da queima de madeira, papel e cartón na caldeira de biomasa, quecerá auga e radiadores.

Unha corta sostible (corta xestionada cuns niveis mínimos de coherencia e respecto ambiental, social e económico) das masa boscosas próximas ao Centro, cubre a nosa demanda de biomasa ao longo de todo o ano.

Nos periodos de alta disponibilidade enerxética poderemos activar a caldeira eléctrica como apoio á de biomasa.

 


O sistema enerxético de As Corcerizas é totalmente independente da rede eléctrica convencional.

Un panel de control infórmanos dos distintos aportes e consumos enerxéticos, permitíndonos facer unha óptima distribución da enerxía entre as instalacións do Centro.

144 baterías estacionarias conforman un sistema propio de acumulación, poñendo á nosa disposición a enerxía nos momentos menor produción.

Un monitor dixital infórmanos da tensión acumulada, e coa medición da densidade e temperatura das baterías calculamos a súa carga.

 

 
  Desde Amigos da Terra agradecemos o apoio do INEGA ao Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas", xa que gracias á súa colaboración e a aposta firme do seu director, Xoán Ramón Doldán, levarase a cabo unha gran mellora do actual sistema enerxético que abastece ao Centro, baseado exclusivamente en enerxías renovabeis.