1 - Asentamento adecuado.
2 - Integración no seu entorno máis próximo.
3 - Deseño personalizado segundo as necesidades do
usuario.
4 - Adecuada distribución de espazos.
5 - Emprego de materiais saudabeis e biocompatibeis.
6 - Implantación de sistemas para o aforro enerxético.
7 - Equipamento mobiliario de baixo impacto.
8 - Programa de tratamento dos elementos residuais.
Estes criterios dependen das circunstancias
de cada situación: terreo, clima, edificacións
previas, usuarios, orzamento... polo que o resultado será
unha construcción feita a túa medida.

1. Hai que adaptar a obra,
na medida do posible, ás fendas que haxa no terreo,
evitando sempre as zonas con alteracións magnéticas.
2. Para un maior aproveitamento da
luz e da calor, procurouse ter cara o norte bosque perenne
(piñeiros) e cara o sur bosque de folla caduca (pradairos,
castiñeiros, carballos...).
3. Os gases nocivos liberados do
subsolo teñen unha vía para a súa escapada
ao exterior.
4. En toda a construción empregouse
formigón sen ferro, e madeira de piñeiro de
abeto de tala sostible e respectuosa cos ciclos naturais
da lúa para evitar o ataque de parasitos.
5. O cemento gris foi substituído
por cemento branco e cal, facendo así emprego de
materiais exclusivamente naturais e libres de tóxicos.
6. A cuberta é vexetal ¿por
qué? Fai de illante da calor do sol no verán,
non deixando que se escape no inverno. Foi realizada con madeira,
cortiza de sobreira, caucho reciclado, grava e terra vexetal.

7. Os muros están cubertos con
cortiza de sobreira e taboleiros feitos con papel reciclado
e xiz natural; así non se fai uso de materiais tan
nocivos empregados na construción cotiá.
8. A instalación eléctrica
evita os campos electromagnéticos, nocivos para a nosa
saúde.
9. As
lámpadas empregadas son de baixo consumo.
10. As
instalacións de saneamento, fontanería e calefación
foron realizadas con materiais non tóxicos, prescindindo
así do PVC.
11. A carpintería interior
e exterior é de madeira de tala sostible, tratada con
colas, vernices e aceites naturais, libres de tóxicos.
12. Empregáronse materiais da
zona como pedra de lousa e baldosas de barro cocido.
13. As pinturas son naturais (ao silicato)
en exteriores e interiores.
14. Tratamentos especiais para a madeira
de exteriores, con insecticidas, tinguiduras, funxicidas,
impermeabilizantes e protectores naturais dos raios ultravioleta.
|