O uso de
Enerxías renovabeis combinado cunha
adecuada orientación e distribución
de espazos,
é a clave para a optimización dos
recursos naturais e o aforro enerxético.
Un aeroxenerador, unha turbina e placas solares
recollen a enerxía necesaria
para acender as nosas lámpadas e poñer
en marcha cociña e electrodomésticos.
A calor, obtida a partir da queima de madeira
(biomasa) e da enerxía do sol (placas
solares)
quecerá auga e radiadores.
Aporta criterios e técnicas que garanten
unha estancia saudable, utilizando materiais non
contaminantes
nin tóxicos, apostando polos reutilizabeis
e reciclabeis respectando a cultura popular.
Os muros construíronse evitando materiais
nocivos a cotío empregados nas construccións.
A cuberta vexetal está realizada
con madeira, drenaxe para o auga da chuvia,
illamento de cortiza de sobreira e terra vexetal.
A carpintería interior e exterior é
de madeira de tala sostible, tratada con
colas,
vernices e aceites naturais, libres de tóxicos.
Para o chan utilizouse barro natural da zona.
Durante a túa estancia poderás
experimentar por ti mesmo
a satisfacción de vivir na natureza dun
modo coherente e respectuoso
|