Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar
Propostas de diferentes xornadas temáticas:
Programa para escolas rurais unitarias: O valor dos nosos recursos
A crise existente da educación no rural reflicte parte do desmantelamento que está a sufrir o medio rural no seu conxunto. Con esta proposta pretendemos dinamizar e revalorizar o patrimonio natural e cultural destas zonas, achegando aos/ás escolares a coñecer o medio que lles rodea e así a poder valoralo. As Escolas Rurais Unitarias atoparán en As Corcerizas unha serie de actividades nas que todos/as os/as alumnos/as poderán ser partícipes, valorando o seu entorno como unha opción sostible de futuro, e fomentando ademáis valores de cooperación e traballo en equipo.
Obxectivos:
- Dinamizar e revalorizar o medio rural.
- Coñecer as peculariedades do medio no rural para poder valoralo.
- Dar a coñecer a relación existente entre o abandono do rural e os problemas ambientais actuais en Galicia.
- Sensibilizar da compatibilidade da conservación do medio ambiente no rural co seu desenvolvemento.
Proposta:
A xornada dará comezo coa formación de grupos heteroxéneos para fomentar a cooperación entre os/as escolares no desenvolvemento das actividades. Haberá unha serie de postos ambientais dirixidos polos/as monitores/as, polos que irán pasando cada grupo. Neles trataranse diferentes temáticas:
- Posto sobre enerxías renovables e bioconstrución. Novas tecnoloxías e utilización de materiais ecolóxicos e autóctonos, co desenvolvemento da economía local
- Posto sobre xeración e xestión de residuos. Formas alternativas adecuadas ao rural: compostaxe e vermicompostaxe, tratamento biolóxico das augas residuais con plantas.
- Posto de rastrexo e coñecemento do medio; aplicación da información.
- Posto sobre Consumo Responsable, Comercio Xusto e Promoción do Comercio Local; repercusións das nosas eleccións diarias.
A través dunha serie de probas, os grupos irán rotando polos postos ata o remate da actividade. Despois, cunha posta en común e a través dunha serie de dinámicas e xogos, reforzaranse os coñecementos adquiridos.
Nunha segunda fase da xornada farase unha dinámica de grupo na que se repartirán papeis que os/as participantes terán que interpretar, para ver as posturas e intereses que interveñen nun conflicto económico-ambiental.
Destinatarios/as: todos/as os/as integrantes das escolas rurais unitarias
[Voltar]



Programa Xeral
Programa Escolar:
Portada
