Programa de educación ambiental para escolares: Sentir, Coñecer, Actuar

Propostas de diferentes xornadas temáticas:
Música e Medioambiente: A Música das Montañas Galegas

A expresión a través da música, o coñecemento de instrumentos e as mensaxes sonoras que nos fai chegar a natureza e que a miúdo pasan desapercibidas, faranse presentes nestas xornadas nas que ademáis de coñocementos, os participantes adquirirán novas actitudes, aptitudes e capacidades.

Obxectivos:

Proposta:
Para o desenvolvemento desta proposta contaremos coa colaboración do Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. Despois dunha pequena presentación, a xornada comezará coa actividade Sentir, coñecer e actuar: propiciarase o achegamento multisensorial ao entorno inmediato das instalacións co obxectivo de favorecer o re-enraizamento dos/as participantes co entorno natural circundante e propiciar unha apropiación afectiva do mesmo.

Despois continuará cun xogo de Sensibilización e percepción da paisaxe sonora. A finalidade é o desenvolvemento da percepción global do medio a través do ouvido, un sentido tan desenvolto no humano coma saturado pola avalancha cotiá de sons… ou ruidos.

A xornada rematará cun obradoiro musical a elexir según as características do grupo:

Cantos Gaia.
Ollando, disfrutando, escoitando, compoñendo e coñecendo cantos da natureza, dende ela ou por ela. E, coma non, sentindo e bailando os seus ritmos, a súa pulsación.

Destinatarios/as: a partir de 1º de Primaria

Composición por ordenador.
Improvisación e composición de fraseos musicais, ambientes sonoros, con sons humanos e da natureza. Grabación dun cd “in situ”: Os laios da natureza do século XXI.

Destinatarios/as: a partir de 1º de Primaria

Construción de instrumentos populares. / Reciclaxe Musical.
Construción de instrumentos de corda, vento e percusión para coñecer e desenvolver distintas formas sonoras/ Introdución nos ritmos e instrumentos da popular music. Reciclaxe musical de desfeitos plásticos.

Destinatarios/as: de 3º a 6º de Primaria

[Voltar]